AVISOS

As nosas redes sociais

Queremos convidarvos a seguir a nosa actividade a través das redes sociais. Tanto na nosa páxina de Facebook como na conta de Instagram publicamos información interesante e útil para a nosa clientela.

Precisas tratar algún tema con urxencia?

Envíanos un email a info@despachoediaz.com e contactaremos contigo o antes posible.

Asesoría integral

para a toma de decisións que afecten á empresa.

Información

Sobre fiscalidade, subvencións, leis…

Confianza

Confianza para delegar asuntos como a redacción de documentos, a realización de trámites, a adaptación da empresa a normativa…

Contabilidade

Libros de contabilidade, diario, inventarios, balances, seguimento, actas…

O QUE OFRECEMOS

Confianza para delegar

Comprometémonos coa túa tranquilidade e realizamos por ti tarefas como a redacción de documentos, a realización de trámites ou adaptación da túa empresa á normativa vixente, todo coa maior confidencialidade e discreción.

Asesoría integral

Ofrecémosche axuda para cumprir coas obrigas contables e fiscais. Tamén te asistiremos na toma de decisións ou resolución de dúbidas que afecten ao teu negocio. Realizamos un seguimento de axudas convocadas a nivel nacional ou europeo e informámoste, tendo en conta os teus intereses.

Trámites fiscais

Revisamos, cumplimentamos e tramitamos por ti liquidacións tributarias, e informámoste sobre leis ou disposicións, exencións ou bonificacións. Tamén nos podemos ocupar de representar á túa empresa ante os organismos correspondentes.

Asesoramento Laboral

Tramitamos as altas, baixas e modificacións de datos na Seguridade Social e asesoramos sobre contratos de traballo, prórrogas, etc. Representamos á túa empresa ante os organismos correspondentes ou en actos de conciliación, e prestamos axuda para interpoñer recursos aos requerimentos da Tesourería da Seguridade Social.

Servizos mercantís

Deixa nas nosas mans a constitución de Sociedades ou outras formas xurídicas, a convocatoria e asistencia a xuntas, o mantemento de libros de actas e socios, as modificacións nos órganos de administración, aumento ou reducción do capital social, cambios de domicilio ou de obxecto social, etc.

Asesoría de comunicación dixital

Asesorámoste para que teñas o control sobre a túa presenza online. Impartimos formación e organizamos obradoiros relacionados coa comunicación, especialmente no entorno online (uso responsable de Internet, estratexias, contidos, deseño web, etc.).

ÚLTIMAS NOVAS NO BLOG DO DESPACHO

Contacta ou visítanos

Oficinas en Foz e Burela

Rúa Concepción Arenal, 21. Baixo A. FOZ
Avenida da Mariña, 98. BURELA

Horario de atención

FOZ: De luns a xoves, horario ininterrumpido de 8:30 a 18:00.
Os venres, de 8:30 a 14:30.
BURELA: De martes a xoves, de 9:00 a 14:00. 

info@despachoediaz.com

982 141 808