Hoxe, luns 31 de xullo, aparecen publicadas no Diario Oficial de Galicia as bases que regulan o bono para persoas autónomas, unha subvención que pretende mellorar a competitividade empresarial mediante un pago anticipado de 3000 euros.
Nas bases, que podedes ler completas neste link, establécense os servizos e actividades aos que pode destinarse a axuda, así como unha serie de requisitos que deberán cumprirse para solicitala.
- Os servizos de profesionalización: é dicir, actividades que teñen por obxectivo a mellora da xestión, a busca de financiamento, o relanzamento comercial, ou a creación e mellora da imaxe, comunicación e posicionamento web.
- O desenvolvemento estratéxico: plans de marketing ou de mellora empresarial, redefinición do modelo de negocio ou identificación de socios e redes de cooperación.
- Outros servizos ou actividades. Serán tomados en consideración outros servizos e actividades, sempre que o seu obxectivo sexa a mellora da competitividade da empresa.
- Ter declarados no ano anterior á convocatoria, por un lado, unha facturación mínima anual de 12000€ (IVE incluído), e por outro un rendemento neto anual das actividades económicas declaradas no IRPF inferior a 30.000.
- Levar máis de 42 meses desempeñando a actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida.
- Presentar a solicitude no prazo dun mes a partir do día da publicación da convocatoria no DOG. A resolución e a notificación da mesma levaranse a cabo nun prazo de 3 meses, e establécese o pago anticipado do 100% da subvención.