A Lei de Medidas Urxentes para o traballo autónomo, coa que se pretende mellorar as condicións dos/as autónomos/as, aprobarase de forma inminente. Os máis de 3 millóns de persoas que traballan por conta propia en España levan tempo agardando e reivindicando algúns dos cambios que introducirá dita lei, e neste artigo queremos comentar os máis importantes. É importante que estas medidas serán definitivas no momento que se aprobe a norma.
Amplíase de 6 meses a 1 ano a cotización de 50 euros á Seguridade Social. Ademais, redúcese de 5 a 2 anos o prazo para beneficiarse de novo da tarifa plana a autónomos/as que xa se acolleran a ela no pasado.
A partir da aprobación da lei, as persoas en idade de xubilarse poderán manter a súa actividade e cobrar o 50% da pensión. No caso de que teñan empregados contratados poderán cobrar o 100% da pensión e manter a actividade.
Poderase cambiar a base de cotización ata 4 veces durante o ano, e pagarán dende o mesmo día da alta, pagando así a parte proporcional que corresponda ao mes e non o mes enteiro, como sucedía ata agora.
O 20% dos gastos de auga, luz, electricidade e teléfono serán deducibles para aquelas persoas autónomas que desenvolvan a súa actividade dende a casa.
Ata agora o recargo por impago da cota de autónomos era dun 20% en todos os casos nos que tivera lugar o retraso no pago. A partir da aprobación da lei, o recargo será do 10% no caso de pagarse o debido no mes seguinte.
Unha das medidas que están en debate aínda é a deducción no IRPF dos gastos de manutención da persoa autónoma que señan afectos á actividade, sendo estes diferentes dos gastos que contempla a Lei de Imposto de Sociedades (por atencións a clientes ou proveedores, e para a promoción de vendas de bens e servizos, ou correlacionados cos ingresos). A Lei establecería un importe de 26,67 euros por día (48,08 no estranxeiro), e o gasto deberá ser realizado nun local de hostalería.
Aínda non está clara a bonificación á que poderán acollerse as mulleres autónomas que se incorporen á actividade unha vez pasada a baixa, pero o máis probable é que se reduza a cota ao importe da tarifa plana (aproximadamente 50 euros) durante o primeiro ano de maternidade.
Todas as persoas autónomas terán dereito, cando se aprobe a Lei, á exención do pago da cota durante un ano.
Recoñecerase a utilidade pública das asociacións de persoas autónomas e, dialogarase con elas para acordar medidas determinadas ou detalles acerca das mesmas, como pode ser a nova cotización dos autónomos para formación.