Estes días do ano son un bo momento (e o último!) para tomar certas medidas que fagan máis levadeira a liquidación do IRPF, á que teremos que facer fronte na vindeira primavera.
Neste post explicamos algúns aspectos que deben ser tidos en conta referidos ao plan de pensións, a venda ou aluguer de vivenda, as situacións de desemprego ou separación e a compensación de perdas cos aforros.
Como explicábamos xa neste artigo do blog, a achega máxima con dereito a deducción baixouse ao 8000€ (sempre que non supere o 30% dos rendementos do traballo e actividades económicas e con independencia da idade). Se o seu/súa cónxuxe non ten rendas a integrar na súa base impoñible, ou téndoas non superan os 8.000 euros anuais, a achega ao Plan de Pensións do cónxuxe será tamén deducible, co límite máximo de 2.500 euros anuais.
Sobre a vivenda hai varios aspectos que deben ter en conta. Se adquiriu a vivenda habitual antes do ano 2013 e realizou a deducción por ela, aínda pode aproveitar a deducción por inversión nela cun límite de 9040€ (e conseguir un máximo de deducción de
1356€).
Por outra banda, para quen vendera a súa vivenda este ano, as ganancias obtidas
tributarán entre o 19% e el 23%. Debe terse en consideración que, se o total ou unha parte do importe é investido noutra vivenda habitual, será posible neutralizar ese pago.
En relación co aluguer de vivenda,e se vostede é propietario/a dun piso alugado, está obligado/a a declarar polos beneficios, para o cal convén que quen llo alugue seña unha persoa física para vivenda permanente (para non perder a reducción do 60%).
Se vives de aluguer na mesma casa dende antes do ano 2015 e xa tes deducido por ese concepto, podes continuar facéndoo. Ten en conta que se cumpres os límites da base, convén asinar un contrato co propietario/a da vivenda, non cambiar de casa e empregar as prórrogas. Ten en conta, ademais, as deduccións que pode haber segundo a Comunidade Autónoma na que vivas (aquí podes ler un artigo da OCU no que explica cales hai en cada unha das CCAA).
Se está nesta situación, e en caso de que exista Convenio que regule a separación deberá figurar a información relativa á pensión compensatoria (anualidades tanto para ex cónxuxe como para fillos/as). Se non sei fai referencia aos pactos, o cónxuxe que faga fronte ás anualidades dos/as fillos/as non aplicará as escalas estatal e autonómica de forma separada ás anualidades e ao resto da súa base liquidable xeral.
As ganancias obtidas pola venda da vivenda habitual por persoas maiores de 65, persoas cun alto grao de discapacidade ou grandes dependentes están exentas, así como as derivadas da venda de calquera ben, sempre e cando non superen os 240000€ e señan destinadas a constituir unha renda vitalicia, asegurada, nun prazo de 6 meses.
Se vas cobrar o paro e iniciar unha actividade, non tributarás por ela se cobras nun pago único. Iso si: non poderás cesar nesa actividade nos 5 anos seguintes.
O final do ano é un bo momento para compesar coas ganancias patrimoniais obtidas as perdas que puideron ter lugar por un fondo de inversión, accións ou derivados financieiros. Está permitido, despois da reforma fiscal, que os rendementos negativos do capital mobiliario señan compensados coas ganancias patrimoniais. Non obstante, nos 2 meses posteriores á venda non se poden adquirir eses mesmos valores (ou similares).
Para calquera dúbida relacionada co que falamos neste artigo, e en xeral coa Declaración da Renda 2017, pode contactar con nós por email ou teléfono ou pasar polo despacho.